Santa Cruz de Grou, Lobeira
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Santa Cruz e Grou (homónimos).
Santa Cruz de Grou | |
---|---|
Centro médico nas Conchas | |
Concello | Lobeira[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 41°57′11″N 8°02′28″O / 41.95311111, -8.04125 |
Poboación | 128 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa Cruz de Grou é unha parroquia do concello de Lobeira, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2021 tiña 138 habitantes, dos cales 65 eran homes e 73 mulleres, o cal supón un aumento con respecto ao ano anterior, cando contaba con 129, mais un descenso en relación cos anos 2017, cando tiña 147, e 2007, cando tiña 197.
Santa Cruz na literatura popular
[editar | editar a fonte]- Aquile que anda no baille,/ aquile que agora entrou,/ ten o beillar apurado,/ nin que fora dos de Grou! [2].
- As mociñas de Gaiás/ acitan os cas/ cunha variña/ chisquilistrás [3].
- As mociñas de Gaiás/ son poucas e mal unidas;/ andan caídas nos rincós/ tiradas polas esquinas [4].
- Baixa Canle, baixa Canle,/ que Baldemir xa baixou;/ pano fino, pano fino/ os que gastan os de Grou [5].
- Baixa Canle, baixa Canle,/ que Baldemir xa baixou;/ Torneiros pano de seda/ do que gastan os de Grou [6].
- Baixa Souto, baixa Souto,/ que a Nogueira xa baixou;/ pano fino, pano fino/ os que gastan os de Grou [7].
- Cando te queiras casar/ busca viño de Xeás,/ panciño de Vilanova/ e carneiro de Gaiás [8].
- Canta cuco, canta cuco,/ na rabiza do arado;/ que as mulleres de Gaiás/ ten a cara de borrallo [9].
- Hai unha mociña en Grou/ con tanto garbo e salero/ que cando vai paseando/ casque parez un torero [10].
- Hei de faguer unha ponte/ de peras e de fatós/ pra pasearen os mozos/ de Gaiás para Facós [11].
- Hei de faguer unha ponte/ de peras e de mazás/ pra pasearen os mozos/ de Facós cara Gaiás [12].
- Igrexa de Santa Cruz/ feita de tella morena,/ dentro dela van rezar/ os ollos que me dan pena [13].
- Iste pandeiro que toco/ non é meu, que é de Isabel,/ que llo pedín emprestado/ para ir ó San Miguel [14].
- Os mociños de Gaiás/ andan todos de corbata,/ que a gañaron onte a noite/ a conta do riquitraca [15].
- Os mociños de Gaiás/ védelos acolá van:/ os pequenos antre os grandes/ levan o paso do can [16].
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Santa Cruz de Grou
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Santa Cruz de Grou no concello de Lobeira (Ourense) | |
---|---|
Carreiras | As Conchas | Ermille | Gaiás | A Santa Cruz | Tedós |
Parroquias de Lobeira
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 44. No orixinal: Áquile. Hai unha parroquia chamada Santa Cruz de Grou, en Lobeira; outra, San Mamede de Grou, en Lobios; e unha terceira, San Martiño de Grou, compartida polos dous concellos.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 48). Gaiás é un lugar da parroquia de Santa Cruz de Grou no concello de Lobeira.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 48. No orixinal: caidas.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 52. No orixinal: Valdemir. A Canle, Baldemir e Torneiros son lugares da parroquia de San Xes de Vilariño, no concello de Lobeira; Santa Cruz de Grou é outra parroquia do mesmo concello.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 52. No orixinal: Valdemir.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 53. Souto e Nogueira son lugares da parroquia de Monte Longo, no concello de Lobeira.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 56. Xeás é lugar de San Salvador de Torno, concello de Lobios; Gaiás é lugar da parroquia de Santa Cruz de Grou, no concello de Lobeira; e San Salvador de Vilanova dos Infantes é parroquia do concello de Celanova.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 57.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 87). No se pode saber a que Grou se refire: en Lobeira hai dúas parroquias con ese nome (San Martiño de Grou e Santa Cruz de Grou) e outras dúas en Lobios (San Martiño de Grou e San Mamede de Grou.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 88. Gaiás é un lugar da parroquia de Santa Cruz de Grou, e Facós da parroquia de San Vicente de Lobeira, ambas do mesmo concello de Lobeira. Xaquín Lorenzo engade que entre estas dúas aldeas só hai un regato que non precisa ponte para cruzalo.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 88.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 89. No orixinal: de ela. Refírese á parroquia de Santa Cruz de Grou, no concello de Lobeira.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 90. Refírese á festa de San Miguel que se celebra no lugar de Gaiás (Santa Cruz de Grou, Lobeira) o 29 de setembro, aínda que Xaquín Lorenzo di en nota a rodapé que se fai o 29 de xullo.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 125. Gaiás é un lugar da parroquia de Santa Cruz de Grou no concello de Lobeira.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 125.